Produción audiovisual do alumnado de 4º de Educación Primaria, na que nos explican como era a vida das castrexas e castrexos e as súas tarefas diarias.
Como non podía ser doutro xeito, e continuando coa temática que estamos a desenvolver este curso escolar 2022-2023 no Centro, o noso entroido centrouse nos diferentes Castros espallados pola nosa Comunidade. Aquí presentamos unha pequena mostra de como se desenvovleu o noso entroido. Entroido 2023 de Biblioteca San Clemente Para rematar o Entroido, gustaríanos compartir con todos vós un vídeo que resume o proceso de elaboración do noso disfraz de castrexos e castrexas. Nesta ocasión a titoría de 3º de Primaria explícanos todo o proceso: como tinguiron as teas, como elaboraron as súas pulseiras e puñais, a fabricación dos colgantes da tribu e a aplicación da técnica de estarcido para rematar os seus disfraces.
Coincidindo co Proxecto de Centro que estamos a desenvolver este curso, buscamos recuperar o noso Samaín tradicional galego, no cal o único festexo era o vaciado de cabazas; desbotando así o Halloween importado de América. Nestes videos podedes ver as creacións de cabazas do noso alumnado. Obradoiro de Cabazas 2022 de Biblioteca San Clemente Breve explicación do Samaín tradicional galego:
Comentarios
Publicar un comentario