Actividade inicial: Presentación A actividade consistiu no intercambio cultural entre o alumnado de educación Infantil de 5 anos. A primeira parte da actividade consistía nun vídeo de presentación da aula onde o alumnado explicaba rasgos característicos da nosa vila, do noso centro e a nosa aula. Do mesmo xeito o alumnado de Houston enviounos un vídeo explicativo da súa contorna e unha presentación do alumnado da aula coa que imos participar. Actividade 1: Entroido galego Unha vez que xa se coñecen, o alumnado do noso centro explica aos nenos e nenas de Texas a celebración da festa do Entroido en Galicia. Este ano disfrazámonos de castrexos o que nos vai permitir explicarlles a nosa cultura: A cultura castrexa. E propoñen dúas actividades aos seus compañeiros de Houston que consisten en: Elaboración do colgante castrexo, complemento do noso disfraz. Elaboración de filloas, doce típico do Entroido en Galicia. O alumnado de Houston participa elaborando as actividades propostas. Activida
Comentarios
Publicar un comentario