Produción audiovisual do alumnado de 4º de Educación Primaria, na que nos explican como era a vida das castrexas e castrexos e as súas tarefas diarias.
Como non podía ser doutro xeito, e continuando coa temática que estamos a desenvolver este curso escolar 2022-2023 no Centro, o noso entroido centrouse nos diferentes Castros espallados pola nosa Comunidade. Aquí presentamos unha pequena mostra de como se desenvovleu o noso entroido. Entroido 2023 de Biblioteca San Clemente Para rematar o Entroido, gustaríanos compartir con todos vós un vídeo que resume o proceso de elaboración do noso disfraz de castrexos e castrexas. Nesta ocasión a titoría de 3º de Primaria explícanos todo o proceso: como tinguiron as teas, como elaboraron as súas pulseiras e puñais, a fabricación dos colgantes da tribu e a aplicación da técnica de estarcido para rematar os seus disfraces.
Camo parte da introdución do Proxecto de Centro para o alumnado de Educación Infantil, fixeron unha visita ao Castro de Castrolandín, en Cuntis. Ademais, tamén realizaron un obradoiro de artesanía con barro, elaborando unhas pezas que despois levaron para as súas casas. Visita a Castrolandín de Biblioteca San Clemente Castrolandín. Obradoiro de Barro de Biblioteca San Clemente
Comentarios
Publicar un comentario