Intercambio cultural CEIP PLURILINGÜE SAN CLEMENTE DE CESAR (CALDAS DE REIS) – ALMEDA ELEMENTARY SCHOOL (TEXAS)
Actividade inicial: Presentación
A actividade consistiu no intercambio cultural entre o alumnado de educación Infantil de 5 anos.
A primeira parte da actividade consistía nun vídeo de presentación da aula onde o alumnado explicaba rasgos característicos da nosa vila, do noso centro e a nosa aula.
Do mesmo xeito o alumnado de Houston enviounos un vídeo explicativo da súa contorna e unha presentación do alumnado da aula coa que imos participar.
Actividade 1: Entroido galego
Unha vez que xa se coñecen, o alumnado do noso centro explica aos nenos e nenas de Texas a celebración da festa do Entroido en Galicia. Este ano disfrazámonos de castrexos o que nos vai permitir explicarlles a nosa cultura: A cultura castrexa.
E propoñen dúas actividades aos seus compañeiros de Houston que consisten en:
Elaboración do colgante castrexo, complemento do noso disfraz.
Elaboración de filloas, doce típico do Entroido en Galicia.
Actividade 2: Cultura Castrexa – Cultura
Maya
A seguinte actividade consistiu na explicación da Cultura Castrexa a través dun vídeo onde os nenos e nenas explican quenes eran os Castrexos, como vivían, a que se dedicaban, como eran as súas casa e tamén a lenda popular dos mouros e as mouras.
O alumnado de Houston responde cun vídeo explicativo da súa cultura: A cultura Maya e envíannos vídeos de receitas gastronómicas típicas: o guacamole e a ensalada de nopales.
Actividade 3: Agricultura Castrexa
Nesta actividade o alumnado a través dun vídeo explica unha das actividades económicas da cultura castrexa: a agricultura e propón ao alumnado de Houston plantar unha faba e levar a cabo un caderno de observación das súas plantas.
Actividade 4: Envío de paquetes
Nesta actividade os nenos e nenas enviaron un paquete a Houston que contiña unha carta, un conto sobre os castros e as mouras dos Bolechas, a receita das filloas, unhas fotos do alumnado disfrazados de castrexos así como outra con disfraces libres, uns modelos de colgantes castrexos e unha copia para realizar as maquetas das casas dos castrexos que eles están elaborando.
O alumnado de Houston envíanos un paquete que conten unha carta onde nos falan das máscaras e os brazaletes que usaban os mayas, asi como o material necesario para elaborar máscaras e brazaletes mayas na aula.
Obradoiro Maya de Biblioteca San Clemente
Comentarios
Publicar un comentario