Entradas

REVISTA CASTREXA

Revista elaborada polo alumnado de 3º de Educación Primaria, onde recollen e resumen todos os contidos traballados e adquiridos relacionados coa "Cultura Castrexa", Proxecto de Centro neste curso 22-23. Revista Cultura Castrexa de Biblioteca San Clemente

O "CASTRÓMETRO CLEMENTINO"

Imagen
Xogo de preguntas e respostas elaborado polo alumnado do Centro, relacionadas coa "Cultura Castrexa", tema central do noso Proxecto Anual. Esta actvidade empregarémola para avaliar a adquisición de contidos e competencias por parte do noso alumnado en relación a esta parte da nosa historia cultural e social.

A VIDA NOS CASTROS

Imagen
Produción audiovisual do alumnado de 4º de Educación Primaria, na que nos explican como era a vida das castrexas e castrexos e as súas tarefas diarias.

Intercambio cultural CEIP PLURILINGÜE SAN CLEMENTE DE CESAR (CALDAS DE REIS) – ALMEDA ELEMENTARY SCHOOL (TEXAS)

Imagen
Actividade inicial: Presentación A actividade consistiu no intercambio cultural entre o alumnado de educación Infantil de 5 anos. A primeira parte da actividade consistía nun vídeo de presentación da aula onde o alumnado explicaba rasgos característicos da nosa vila, do noso centro e a nosa aula. Do mesmo xeito o alumnado de Houston enviounos un vídeo explicativo da súa contorna e unha presentación do alumnado da aula coa que imos participar. Actividade 1: Entroido galego Unha vez que xa se coñecen, o alumnado do noso centro explica aos nenos e nenas de Texas a celebración da festa do Entroido en Galicia. Este ano disfrazámonos de castrexos o que nos vai permitir explicarlles a nosa cultura: A cultura castrexa. E propoñen dúas actividades aos seus compañeiros de Houston que consisten en:  Elaboración do colgante castrexo, complemento do noso disfraz. Elaboración de filloas, doce típico do Entroido en Galicia. O alumnado de Houston participa elaborando as actividades propostas. Activida

"Home, sweet home". Actividade Plurilingüe

Esta Unidade de Programación sitúase dentro do temario para dar a coñecer diferentes aspectos sobre as formas e os diferentes tipos de construcións de vivendas, incluíndo os castros, para poder incorporar esta actividade dentro do Proxecto de Centro, dando a coñecer as diferentes partes da casa así coma os diferentes tipos de vivendas, traballándoas en lingua inglesa. “Home, sweet home". Plurilingüe de Biblioteca San Clemente

SAÍDA FIN DE CURSO 22-23

Compartimos este album fotográfico da saída ao "CASTRO DE BAROÑA" como colofón ao Proxecto de Centro deste curso 22-23, centrado na Cultura Castrexa. Saída Fin de Curso de Biblioteca San Clemente

OBRADOIRO DE COCIÑA

Obradoiro de cociña, que levaron a cabo o alumnado de 1º de Educación Primaria, no que elaboraron Pan tradicional galego, ao estilo Castrexo. Pan Castrexo (1º Primaria) de Biblioteca San Clemente